sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

Sol en toda Galicia

Captura

O martes en Galicia comezaremos a entrar na influencia dun anticiclón centrado no interior do continente europeo, con circulación do sueste que achegará aire seco á comunidade. 

Así, segundo a previsión de MeteoGalicia, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais localmente persistentes en comarcas do interior. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente sur frouxos.

Sol en toda Galicia
Comentarios