O tempo segue estable, pero o vento e as ondas poñerán en aviso o litoral galego

Oleaje en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Oleaje en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Galicia estará durante esta xornada baixo influencia anticiclónica transitoria. Con esta situación, agárdase un día de ceos con nubes altas que en moitos momentos non impedirán o paso do sol. Bancos de néboa matinais en zonas de interior.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur- sueste, con escasa intensidade.

O litoral das provincias da Coruña e Pontevedra estará en aviso laranxa por fortes ventos e ondada, segundo a predicción da AEMET.  Na costa pontevedresa o aviso é amarelo.

Comentarios