martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Volve saír o sol

Este venres Galicia entrará na influencia dun anticiclón centrado ao oeste da península Ibérica, polo que se recuperará a estabilidade, con vento de compoñente norte que achegará moita humidade. Así, o ceo presentará nubes e claros, máis anubrado canto máis ao norte, e con posibilidade de orballos no extremo norte durante a mañá. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do noroeste, frouxo en xeral. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. 

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 16 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán até o tres graos en Ourense. 

Volve saír o sol
Comentarios