Volven as nubes

Este venres Galicia experimentará unha xornada de transición entre as altas e as baixas presións, con ventos de compoñente oeste que achegarán moita humidade á franxa costeira. Isto fará que os ceos permanezan pouco nubrados ou despexados en xeral, excepto no litoral atlántico, onde as néboas entrarán co avance do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste. As temperaturas sufrirán un descenso máis acusado nas provincias atlánticas. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 30 graos de Ourense e os 21 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 7 de Lugo e os 13 de Vigo, Santiago e A Coruña. 

Comentarios