Xornada de transición cara a días de sol e calor

A comunidade dividirase en dous, con máis posibilidades de choiva débil no norte

O luns será unha xornada de transición cara ás altas presións. Así, durante a mañá os ceos estarán anubrados, con máis nubes no terzo norte onde mesmo se poderá rexistrar algunha choiva débil.

Pola tarde, os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no sur e con nubes e claros no resto, aínda que coa posibilidade dalgún chuvasco no litoral norte.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos nas Rías Baixas.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte. 

Comentarios