Un xoves sen cambios: ceos despexados en xeral e calor

El Tiempo. METEOGALICIA
photo_camera El Tiempo. METEOGALICIA

Este xoves Galicia continuará baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, espérase unha mañá con maior presenza de nubes baixas no terzo norte, e unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, con intervalos moderados no litoral atlántico.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña 17° 21°, Ferrol 15° 23°, Lugo 16° 27°, Ourense 16° 32°, Pontevedra 14° 32°, Santiago de Compostela 15° 27° e Vigo 16° 29°

Comentarios