A cantante Franciska revela que Jesús Hermida é o pai da súa filla Rebeca

A intérprete de 'Duro de pelar' sería froito da relación entre a exmoza ye-yé e o xornalista

Jesús Hermida y Rebeca. EP
photo_camera Jesús Hermida e Rebeca. EP

Franciska del Toro, famosa vocalista dos anos 60 e 70, asegurou que o pai da súa filla, a tamén cantante Rebeca, é Jesús Hermida, falecido en 2015.

Segundo revelou a Jaleos, a artista mantivo unha relación de catro anos co xornalista a finais dos 60 cuando el traballaba como corresponsal en Nova York e ela atopábase de xira por América. Ao parecer, ela estaba namorada do presentador, pero el nunca quixo formalizar a relación.

Nesta situación, Franciska decidiu non contarlle a Hermida que era o pai da súa filla. "Nunca o soubo e eu non o fixen por el, fíxeno por Rebeca e por José María – o seu marido, recentemente falecido–".

Comentarios