
O Satisfyer, ese novo xoguete sexual que non deixa de revolotear como tema de conversación por todo o país, e tamén un dos produtos máis buscados para regalar este Nadal, segundo informa a plataforma especializada en comparar prezos idealo.es
Nun informe, a compañía concreta que a evolución do succionador de clítoris Satisfyer Pro 2, será a nova sensación entre os agasallos electrónicos que se farán estas festas, unha revolución equiparable ao patinete eléctrico ou ao robot aspirador doutras campañas.
As redes sociais e a boca a boca son a principal causa de que este éxito sexa tan inmediato, grazas aos miles de recomendacións, opinións e testemuños nos perfís afirmando os seus múltiples beneficios.
A pesar de que o este dispositivo de uso e goce feminino lidera o podio dos produtos estrela para este nadal, os españois demandaron outros produtos. As zapatillas Converse Chuck Taylor All Star, as botas Dr. Martens, o robot Cecotec Conga Serie 3090 e a pulseira de actividade Xiaomi Mi Band 4 son os catro produtos top despois do Satisfyer.