Os cadáveres presentan signos de ser golpeados cun obxecto contundente
Os corpos sen vida dun home e unha muller foron achados este martes no seu domicilio de Las Torres de Cotillas con signos de violencia, feito que está a ser investigado pola Garda Civil, a cuxo cuartel acudiu un familiar para denunciar o ocorrido.
Segundo informou a Efe un portavoz deste corpo, os cadáveres presentan signos de ser golpeados cun obxecto contundente e polo momento descoñécense máis detalles desta investigación.
Aínda que non transcendeu a identidade dos falecidos, podería tratarse dunha nai e do seu fillo que residen no centro urbano desta localidade situada a uns dez quilómetros de Murcia capital.
Un axente do cuartel da Benemérita das Torres dixo a Efe que foi un familiar dos falecidos quen acudiu a estas dependencias a comunicar que atopara os cadáveres, ambos de nacionalidade española.