Circula ebria e a bordo dun coche sen dúas rodas en Ourense

Conducía só coas lamias esquerdas

Proba de alcoholemia. DP
photo_camera Proba de alcoholemia. DP

Unha muller de 44 anos, veciña de Ourense, foi denunciada tras percorrer varias rúas da cidade baixo os efectos do alcol e sen os dous pneumáticos da parte esquerda do vehículo no que ía.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron o pasado sábado sobre as tres da tarde cando a policía foi alertada de que unha muller circulaba sen os pneumáticos esquerdos do seu vehículo (só coas lamias), polo que estableceron un dispositivo para dar con ela.

Unha vez interceptada, os axentes comprobaron que as dúas lamias do lateral esquerdo non presentaban "restos de pneumático e estaban moi aboladas" e que, ademais, circulaba con síntomas de embriaguez.

Por este motivo, practicáronlle a proba de alcoholemia, que deu positivo, superando en máis de tres veces a taxa permitida.