Un ferido nunha colisión en Carballeda de Avia

O suceso produciuse na A-52 e a vítima tivo que ser excarcerada

Unha colisión entre dous coches esta tarde en Carballeda de Avia saldouse cunha persoa que precisou asistencia médica. O accidente produciuse no punto quilométrico 257 da A-52, en sentido a Vigo, e foi necesario excarcerar á vítima ao quedar atrapada no interior dun dos turismos implicados no accidente.

Foi unha persoa particular quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 15:45 horas. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteareas e de Ribadavia, dos Bombeiros de Xinzo de Limia, do Carballiño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Carballeda de Avia.