Investigan un perfil falso en Instagram da viúva de Reyes que pide axuda económica

A Garda Civil de Utrera trata de pescudar quen pode estar detrás da fraude
José Antonio Reyes. EFE
photo_camera José Antonio Reyes. EFE
A Garda Civil investiga a creación dun perfil falso na rede social Instagram usurpando a personalidade de Noelia López, viúva de José Antonio Reyes, exfutbolista do Sevilla FC falecido en accidente de tráfico o pasado 1 de xuño, e que pide axuda económica.

A Subdelegación do Goberno en Sevilla confirmou a Efe que López puxo esta tarde unha denuncia no cuartel da Garda Civil de Utrera (Sevilla), localidade na que vive, pola usurpación de identidade que sufriu na citada a rede social, tras descubrir onte que unha persoa creara un perfil falso, pedindo diñeiro no seu nome.

O perfil pide “axuda en nome de min e da miña familia só para alcanzar á xente que ama ao meu esposo e á xente que o coñece como un bo home”, para axudala a "criar aos meus fillos", porque “só non será fácil para min, pero farei todo o posible polo propósito de Deus”.

“Calquera tipo de asistencia para axudar á familia será importante para nós”, sinala o perfil denunciado por López.

A Garda Civil abriu unha investigación para localizar á persoa que creou este perfil, tras a presentación oficial da denuncia. 

A viúva de Reyes manifestou nas súas redes sociais que non sabe "quen pode estar detrás desta conta, facéndose pasar pola miña persoa”, sinalado que “ninguén sabe a realidade da situación que estamos a vivir”.

“Á inmensa dor da perda dunha figura tan importante nunha familia, pódenselle engadir máis circunstancias, pero xamais fose cal for a situación económica no meu fogar pedise axuda e moito menos deste xeito”, explicou.

Comentarios