Máis de 9 millóns de pensións reciben este mércores 13 euros de media de "paguilla"

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social explica que o gastou será de 123,4 millóns de euros

Personas mayores, abuelas, pensionistas. ADP
photo_camera Pensionistas. ADP

O Goberno compensará desde este mércores a máis de 9 millóns de pensións (9.373.892) cuns 13 euros de media da chamada "paguilla", é dicir, unha paga única adicional como consecuencia dun maior incremento dos prezos (IPC) en 2018.

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social explicou nun comunicado que destinará 123,4 millóns de euros á paga, que ten como obxectivo compensar a décima de desviación do IPC que se rexistrou o pasado ano (1,7 %), por encima do 1,6 % previsto nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018.

Polo tanto, os pensionistas reciben este mércores nas súas contas este abono adicional, que se realiza de xeito independente e antes do abono ordinario da pensión mensual de febreiro.

Este ano, o Goberno estendeu este abono adicional a 194.393 prestacións familiares por fillo a cargo, maior de 18 anos e discapacidade igual ou superior ao 65 %, ás que se dedicarán 1,08 millóns de euros.

Para facer efectiva esta paga compensatoria, o Ministerio destinará un total de 123,4 millóns de euros (123.372.462,46 euros) para aplicar nas pensións de xubilación, incapacidade, viuvez e orfandade; pensións mínimas en todas as súas modalidades, Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) e non contributivas.

O pasado 28 de decembro, o Goberno fixou a revalorización das pensións para 2019 (1,6 % a nivel xeral e 3 % para as mínimas) e recuperou a actualización das mesmas coa evolución dos prezos, a través un cálculo realizado con valor medio da variación interanual do IPC nos últimos 12 meses (decembro de 2017 a novembro de 2018).

Comentarios