viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Morre o expresidente do PNV Xabier Arzalluz

Xabier Arzalluz.LUIS TEIJIDO
Xabier Arzalluz.LUIS TEIJIDO

Casado e con tres fillos, levaba 15 anos retirado da política e da vida pública

O expresidente do PNV Xabier Arzalluz (Azkoitia-Gipuzkoa, 1932) morreu este xoves en Bilbao aos 86 anos, segundo informou o seu partido nun comunicado.

O PNV expresou o seu pesar pola morte dunha "persoa, un jeltzale e un abertzale exemplar", e salientou que esta xornada se converte nun "día de máxima tristeza para a súa familia, os seus amigos e os seus compañeiros" de partido. 

Arzalluz, unha das figuras máis relevantes tanto do seu partido como da transición e a democracia española, afiliouse ao PNV en 1968 e foi elixido deputado nacional por Guipúzcoa na lexislatura constituínte de 1977, cargo no que foi reelixido nos comicios de 1979. 

Presidiu a formación nacionalista durante 22 anos divididos en dous períodos distintos: o primeiro de 1980 a 1984 e o segundo, xa de forma ininterrompida, desde 1986 a 2004.

Casado e con tres fillos, levaba 15 anos retirado da política, e só reapareceu publicamente en 2005 cando foi publicado o seu libro "Xabier Arzalluz. Así foi", que reunía as súas memorias políticas, e en 2018 cando participou nun documental no que reflexionaba sobre os momentos máis destacados da súa prolongada vida política.

Desde o seu retiro, vivía dacabalo entre as súas casas de Bilbao e a próxima localidade de Galdakao, onde posuía un caserío.

Morre o expresidente do PNV Xabier Arzalluz
Comentarios