Valtonyc e un membro de Vox enfróntanse por unha bandeira española en Bruxelas

Todo empezou cando Alberto Tarradas despregou unha bandeira española no medio dunha pequena concentración contra a sentenza do procés

O presidente de Vox Xirona e o rapeiro Valtonyc protagonizaron este luns un enfrontamento na entrada da Delegación do Goberno de Cataluña en Bruxelas.

Todo empezou cando Alberto Tarradas, presidente de Vox en Xirona, despregou unha bandeira española no medio dunha pequena concentración contra a sentenza do procés. "¿Tes que vir provocar?", espetoulle o rapeiro mentres intentaba arrebatarlle a bandeira. 

"Vós non sodes patriotas, sodes unha merda. Se fósedes patriotas defenderiades o país contra a pobreza, os desafiuzamentos, a corrupción... Contra esa merda non sacades a bandeira", alegou o músico,  instalado na capital belga desde 2018 tras fuxir da xustiza española. 

Pola súa banda, Tarradas defendeu o seu dereito de estar alí coa bandeira. "A liberdade de expresión é para todos. Non me vou ir", apuntou. 

Comentarios