A RAG incorpora ao seu dicionario o "apoderamento" feminino

A Real Academia Galega engade acepcións ao sustantivo "para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade"

Definición de apoderamento. RAG
photo_camera Definición de apoderamento. RAG

A Real Academia Galega (RAG) incorporou ao seu dicionario o "apoderamento" feminino, segundo informa a institución galega. En concreto, o Seminario de Lexicografía engade acepcións ao termo 'apoderar' e incorpora 'apoderamento' "para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade". 

Nun comunicado, a RAG sinala, de acordo coas explicacións do coordinador do Seminario, Manuel González, que se optou por esta forma fronte a 'empoderamento' porque o galego "non coñece tradicionalmente un verbo empoderar", pero si posúe o de 'apoderar'". 

"Da mesma familia que o inglés 'empower' e con practicamente os mesmos significados tradicionais que este, e posúe igualmente un sustantivo derivado 'apoderamento' cos mesmos significados tradicionais do inglés 'empowerment'". 

Comentarios