Prisión para un interno dun centro de discapacitados en Ferrol que abusou doutro

Os feitos producíronse entre xaneiro e xuño de 2016, cando unha enfermeira do centro descubriu o condenado na habitación da vítima

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un paciente dun centro de atención a persoas con discapacidade física de Ferrol por abusar sexualmente doutro home ingresado nesas mesmas instalacións. 

Ademais, o fallo determinou a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima ao seu domicilio ou calquera lugar no que se atope a menos de 300 metros, por un tempo de 19 anos. 

Tamén se impuxo a medida de liberdade vixiada por un prazo de nove anos e condénaselle a indemnizar con 6.000 euros en concepto de danos morais á vítima. 

Segundo recolle a sentenza difundida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) –con data do 28 de setembro–, recollida por Europa Press, os feitos producíronse entre xaneiro de 2016 e xuño dese ano, cando unha enfermeira do centro descubriu ao condenado na habitación da vítima.

FEITOS PROBADOS. Nos feitos probados, recóllese que o acusado acudía de forma habitual á habitación da súa vítima, onde se producía os abusos ao pedirlle o condenado que realizase actos sexuais aos que a vítima se negaba. 

A sentenza recolle a "oportuna intervención" o 21 de xuño de 2016 por parte da enfermeira, o que "permitiu que saísen á luz os feitos". A sanitaria acudira á habitación do acusado para verificar que se atopaba ben e, ao non estar alí, foi buscalo polo resto da planta, cando escoitou tras a porta da vítima a súa voz dicindo "`abre a boca!", polo que irrompeu no cuarto. 

Por mor desta actuación, o centro tomou accións e a vítima presentou a denuncia o 22 de xuño de 2016 no xulgado de instrución número 2 de Ferrol. 

Comentarios