Febreiro trae choiva e frío

Galicia quedará este xoves cun réxime de ventos de compoñente norte, con entrada de aire frío durante a xornada. Así, pola mañá espéranse máis nubes canto máis ao norte, con chuvascos no terzo norte e cota de neve sobre os 900-800 metros. 

Durante a tarde os chuvascos poderán darse en calquera punto da Comunidade galega e serán localmente tormentosos e ocasionalmente acompañados de saraiba. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou experimentará lixeiros ascensos, mentres que as máximas terán un moderado descenso. Así, as máximas ascenderán até os 13 graos en Ferrol, mentres as mínimas descenderán até os dous graos en Ourense. 
 

Comentarios