Venres de frío, moito frío

Este venres non se esperan cambios significativos, con aire frío sobre Galicia e ventos de compoñente norte. Así, a xornada será de ceo parcialmente cuberto e chuvascos xeneralizados, de neve en cotas ao redor dos 800 metros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente norte, virando a compoñente oeste pola noite. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso, xeando no interior, mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. 

Deste xeito, as temperaturas máximas ascenderán até os 12 graos en Vigo, mentres os valores mínimos descenderán até o cero graos en Lugo. 
 

Comentarios