Feijóo entra en directo no 'Land Rober' para felicitar a Zahera... e criticar a Caballero

O presidente da Xunta emendou "o seu erro" xa que cando coincidiran no programa non recoñecer ao actor

Feijóo entra en directo en el 'Land Rober'. TVG
photo_camera Feijóo entra en directo en el 'Land Rober'. TVG

Alberto Núñez Feijóo entrou este xoves en directo no Land Rober, nunha conexión telefónica para emendar o que el mesmo definiu como "un erro". E é que o convidado do programa era Luis Zahera, recente gañador dun Goya como actor de repartición e a quen o presidente da Xunta non recoñecera cando asistira ao plató do show que conduce o mariñán Roberto Vilar.

Por iso Feijóo entrou este xoves en directo: "E que lle debía unha a Luis". O xefe do Executivo aproveitou para felicitar a Zahera polo seu premio e desvelou que o primeiro que fixo cando soubo que lle deran o Goya foi chamalo. "Cometín o erro imperdoable de non recoñecelo no seu día e, con toda a razón, criticáronme", explicou o dos Peares, quen, por certo, garda certo parecido físico con Zahera.

Feijóo tamén aproveitou para criticar a Abel Caballero. Recordaron que Julio Iglesias foi convidado ao Land Rober gracias a "intercesión" do presidente galego. E logo Roberto Vilar preguntoulle, con sorna, se tamén podía conseguir outro convidado de renome: Abel Caballero. "Ti dame unha oportunidade. Se comparece no Parlamento galego (en referencia á comisión do Marisquiño), que estamos esperando por el, eu despois intento convencelo para que despois vaia para a TVG que é o que corresponde", chanceou Feijóo.

Comentarios