sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Unha persoa, ferida grave en Santiago despois de envorcar o seu coche

O condutor quedou atrapado no interior do turismo

Unha persoa resultou ferida de gravidade na mañá deste domingo ao envorcar o vehículo co que baixaba do Monte do Gozo, en Santiago.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso aconteceu sobre as 11.10 horas deste domingo e, a consecuencia do accidente, o condutor quedou atrapado no interior do turismo, polo que tivo que ser librado polos bombeiros da cidade.

Ao lugar, ademais dos bombeiros, acudiron os servizos de Urxencias Médicos 061, que se encargaron de trasladar o ferido ao centro hospitalario de referencia.

Unha persoa, ferida grave en Santiago despois de envorcar o seu coche
Comentarios