Ramón González Rey
Lenny Bruce. AEP (Portada Táboa Redonda)

A culpa é do fabricante

En setembro do 1956, os espectadores do late night de Ed Sullivan só viron a Elvis Presley por riba da cintura. O director do programa impediu gravar os movementos de pube do mozo. En outubro do 1993, no mesmo auditorio, David Letterman censurou un monólogo sobre o aborto de Bill Hicks: o que preocupaba do cómico era a súa cabeza. Heredeiros dunha tradición centenaria de predicadores, sós co seu discurso fronte á multitude, os monologuistas espiron desde os anos 60 os tabús da sociedade estadounidense

Adriano Celentano

O rei dos ignorantes

Adriano Celentano, o gran showman italiano do século XX, vén de cumprir 80 anos. Fíxoo cunha antoloxía conxunta con Mina ('Tutte le migliore') e co trailer dunha serie de animación da que é protagonista. Eterno provocador do país transalpino, que atende cada vez que abre a boca; antes, foi un pioneiro do rock en Europa

#Marcos_Prado_adriana-calcanhoto

Poesía na radio

Co empoderamento que inspiraban punk e tropicalismo, Adriana Calcanhotto reivindicou a palabra cantada. A súa obra revitalizou a Música Popular Brasileira (MPB) nos 90 e, na primeira década do século XXI, conquistou a unha xeración de nenos brasileiros. A artista actúa o día 27 en Santiago.

Kiss

Maquíllate, maquíllate

Kiss explotou o aspecto visual e converteu o inquietante heavy metal nun entretemento global. A banda estadounidense, a máis popular da segunda metade dos 70, actuará o 14 de xullo en Celeiro (Viveiro), no Resurrection Fest

A boa estrela de Johnny Cash

'At Folsom Prison', gravado ante 2.000 reclusos, cumpre 50 anos. O álbum demostra que O Home de Negro, que se movía entre o hisoricismo do country e a enerxía do rock, chegaba fondo cando cantaba sobre a escuridade da alma

Sés. J. CARPENTER

Himnos dos violentos anos dez

Sés vén de regravar o seu primeiro disco e actuará en Lugo o día 22 de febreiro, no Festival A Candeloria. A cantautora coruñesa, figura normalizadora da lingua e o feminismo, combate a  modernidade líquida coa identidade. Caxade axita o folk cunha reivindicación das bandas populares. Ataque Escampe retrata a súa época tan ben como a literatura ou o cinema. Hevi estira o rap coma un chicle, grava VHS do futuro. A carreira de Emilio José é unha epopea. Son cinco nomes que demostran que, en tempos de crise, a música popular vive en Galicia unha explosión de variedade e calidade