domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Pagan moitos polos abusos duns poucos

NON FIGURA nos estudos empíricos o dos funcionarios como grupo de presión, aínda que é determinante para o bo desenvolvemento de calquera institución na que estea representada a cidadanía e móvese moitas veces como colectivo de interese. Queixas houbo, e a bo seguro continuarán, de políticos polo bloqueo administrativo sufrido por razóns políticas ou laborais de todo ou dunha parte dos traballadores públicos. Conscientes dese poder, hai quen antepón os seus intereses aos xerais cos que se comprometeu, porque como en todas as profesións uns fan ben o seu labor e outros non tanto, e incluso os hai que nin unha cousa nin outra porque nin sequera acoden ao traballo, como o empregado da Deputación de Valencia que durante dez anos só ía cada día testemuñar a entrada e a saída e para quen, se sospeita, lle crearan o posto. Por uns poucos pagan moitos, compañeiros e políticos.

Pagan moitos polos abusos duns poucos
Comentarios