domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Os membros da Manada xa abandonaron a prisión

Tres miembros de La Manada abandonan la prisión de Pamplona. VILLAR LÓPEZ
Tres miembros de La Manada abandonan la prisión de Pamplona. VILLAR LÓPEZ

Poderán pasar o verán en Sevilla á espera de que se resolvan os recursos
 

Os cinco membros da Manada abandonaron este venres a prisión tras abonar os 6.000 euros de fianza que lles impuxo a Audiencia de Navarra. Os tres que cumprían pena no cárcere de Pamplona abandonaron o recinto penal ás 18.00 horas, mentres que os dous que estaban na prisión militar de Alcalá de Henares fixéron hora e media máis tarde. 

José Angel Prenda, Jesús Escudero e Ángel Boza, condenados a 9 anos de prisión por un delito de abuso sexual con prevalemento sobre unha moza madrileña durante os Sanfermines de 2016, permanecían nesta prisión, desde que o 9 de xullo de 2016 o xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para eles e os outros dous membros do grupo encarcerados en Alcalá Meco.

Á súa saída do centro, situado nos arredores de Pamplona, esperábanos numerosos medios de comunicación que desde primeiras horas da mañá facían garda nas portas do cárcere, pero non así cidadáns, posto ao longo do día non chegou a unha decena as persoas que se achegaron ata alí. 

Os tres saíron xuntos do edificio, levando as súas pertenzas, montáronse en dous coches que acudiron a recibilos e neles abandonaron o lugar a gran velocidade, o que obrigou aos xornalistas a ter que apartarse.

"Tiñamos que facer unha barricada, non tiñan por que saír, tiña que estar todo o mundo aquí", dixo á súa saída unha das mulleres que se achegou ata o cárcere para mostrar o seu rexeitamento á decisión xudicial.

Ao redor das 19.30 horas, os dous membros da Manda que cumprían pena no cárcere militar de Alcalá de Henares abandonaron en taxi o recinto penal. Son o garda civil Antonio Manuel Guerrero e o membro da Unidade Militar de Emerxencias (Ume) Alfonso Jesús Cabezuelo.

VERÁN EN SEVILLA. Os cinco membros da Manada aos que a Audiencia de Navarra concedeu a liberdade provisional baixo fianza poderán esperar en Sevilla a que se resolvan os recursos de apelación contra a sentenza que os condenou a nove anos de cárcere por un delito de abuso sexual con prevalimento. 

Tanto as defensas da Manada como o Ministerio fiscal e as acusacións particular e populares presentaron recursos de apelación á sentenza coñecida o pasado mes de abril. 

Corresponderá decidir sobre estes recursos á Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra (TSJN), que podería pronunciarse a partir do mes de setembro. Posteriormente cabería recurso contra o Tribunal Supremo. 

Mentres segue o procedemento xudicial ata que a sentenza sexa firme, a Audiencia de Navarra impuxo aos condenados, ademais da fianza de 6.000 euros, varias medidas cautelares. 

En concreto, os membros da Manda terán que designar un domicilio onde poidan ser achados, así como un teléfono de contacto, con advertencia expresa de que no caso de non ser localizados en tales domicilios de inmediato expedirase a correspondente requisitoria. 

Ademais, os condenados deberán comparecer todos os luns, mércores e venres ante o xulgado de garda da súa residencia e cantas veces foren chamados pola Audiencia de Navarra, así como comunicar calquera cambio de domicilio ou teléfono. 

Os membros da Manada xa abandonaron a prisión