O tribunal lerá este xoves o fallo do xuízo a La manada

Os cinco acusados de violar unha moza nos sanfermíns de 2016 están imputados por un delito continuado de agresión sexual, outro contra a intimidade e un terceiro por roubo con intimidación

La Manada. GALICIAÉ
photo_camera La Manada. GALICIAÉ

O presidente da Sección Segunda da Audiencia de Navarra lerá este xoves, 26 de abril, ás 13 horas, o fallo da sentenza da suposta violación grupal dos Sanfermíns de 2016. 

O acto terá lugar na sala de vistas 102, na primeira planta do Palacio de Xustiza de Pamplona, en audiencia pública, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra. 

Os cinco acusados de violar en grupo unha moza madrileña de 18 anos nos sanfermíns de 2016 están imputados por un delito continuado de agresión sexual, outro contra a intimidade e un terceiro por roubo con intimidación, polos que a Fiscalía pide 22 anos e 10 meses de cárcere para cada un.

E é que, segundo o escrito da acusación, os imputados baixaron a roupa interior da moza e obrigárona a realizar felacións a todos eles, que tamén a penetraron, un anal e vaxinalmente, sen usar preservativo e "valéndose da súa superioridade física e numérica" e da "imposibilidade" da moza de exercer "a máis mínima resistencia".

Comentarios