Liberdade sen cargos para o exmozo da empregada de Iveco que se quitou a vida

Un xuíz investigará a difusión do vídeo da empregada de Iveco que se suicidou

Vista da sede da empresa Iveco en San Fernando de Henares onde traballaba a vítima. EFE
photo_camera Vista da sede da empresa Iveco en San Fernando de Henares onde traballaba a vítima. EFE

A exparella da muller que se suicidou trala difusión dun vídeo sexual abandonou xa as dependencias da Xefatura Superior de Policía, onde declarou voluntariamente, sen que polo momento se tomara algunha medida contra el, indicaron a Efe fontes policiais

O home acudiu ás catro da tarde ao cuartel da Garda Civil en Mejorada del Campo, en Madrid, localidade na que reside, pero foi posto a disposición da Policía, que investiga o caso. 

Tras declarar voluntariamente, quedou en liberdade, aínda que a súa situación podería cambiar no transcurso da investigación, segundo as mesmas fontes.

A muller, de 32 anos, suicidouse o pasado sábado despois de que un vídeo gravado fai cinco anos se difundise entre gran parte do persoal da súa empresa, a planta de Iveco en San Fernando de Henares (Madrid). 

O Xulgado de Instrución número 5 de Alcalá de Henares, o mesmo que se encargou do levantamento do cadáver, abriu este xoves unha investigación por posibles delitos de descubrimento e revelación de segredos.

Fontes da investigación confirmaron a Efe de que a difusión do vídeo comezou fai ao redor dun mes, non unha semana, como se apuntou inicialmente. 

Comentarios