Desaparecido en Madrid un home de 47 anos natural de Redondela

Reside na cidade por motivos laborais ► Descoñécese o seu paradoiro desde o pasado sábado
Juan Carlos Gil Vila.TWITTER (@sosdesaparecidos)
photo_camera Juan Carlos Gil Vila.TWITTER (@sosdesaparecidos)

Juan Carlos Gil Vila, natural do municipio pontevedrés de Redondela aínda que residente en Madrid por motivos laborais, permanece desaparecido desde o pasado sábado 5 de outubro.

Segundo informa SOS Desaparecidos, Juan Carlos Gil Vila ten 47 anos e foi visto por última vez en Madrid.

Mide 1,70 de altura, ten unha tatuaxe no brazo esquerdo, pelo rizado moreno e os ollos marróns.