Manuel Gago
Diego de Sarmiento Acuña. EP

A traxedia grega do diario

Observar como a realidade se transforma en ficción ao teu redor faite pensar en que medida todos formamos parte dunha narración que case sempre carece de quen a conte. E case mellor.
Militares con claveles en sus fusiles en 1974 /AEP

26 de abril

No 25 de abril celebramos un mito da democracia moderna. Pero onde os mitos se curten de verdade é no día despois
Yolanda Castaño. AEP

E onde está a grande obra?

Un exército de novelas zombie percorre os rexistros de deputacións e concellos buscando durante anos a súa oportunidade. Cóntasenos a idea dun confabulador xurado literario deseñando e moldeando a narrativa e a poesía do país ata enchela de textos mediocres e lugares comúns benpensantes para desgraza dos estudantes de secundaria. A realidade é ben máis atroz ca iso.

Lembrar a esperanza

Istambul confróntanos coa súa estraña disposición das fronteiras e dos límites, onde occidente é oriente e viceversa, e onde procuramos memorias que se derruban aos nosos ollos
Exposición 'Ourense no tempo' /CIDADE DA CULTURA

O que dá a pedra

Na economía global actual, o talento creativo atópase a través da concentración humana en grandes cidades. Pero podemos recuperar en Galicia a vella tradición de producir talento por fricción?

Exposición sobre o Prestige. AEP

Aí quedou

Revisar un libro editado hai unha ducia de anos conduce sempre a unha certeza: todos somos anacos da Historia, queiramos recoñecelo ou non.
Suso de Toro. EFE

A recontra-inventio

Durante moito tempo, o Camiño de Santiago foi obxecto dunha estraña guerra cultural fabricada de silencios. Un novo libro de José Miguel Andrade propón unha relectura desta longa historia a través das súas costuras e remendos.
Joaquín Vaamonde Cornide. WIKIMEDIA

O fracaso dos secundarios

Dúas publicacións recentes poñen o acento en personaxes hoxe secundarias do rexurdir cultural de Galicia, conectados por fracasos estraños e irresolubles.
Santalla de Bóveda. AEP

A enganosa memoria

Nos últimos anos comeza a se crebar unha antiga fronteira de coñecemento sobre os castros: a existencia do recintos sagrados. E o que conta desafía os nosos tópicos e a idea da nosa herdanza cultural.
Santo André de Teixido. AEP

O paganismo que nos une. Seguro?

Algo que aínda hoxe compaten católicos, agnósticos e ateos do país é a crenza de que estamos unidos aos nosos devanceiros máis remotos por crenzas milenarias conservadas nas nosas romarías e capelas

Tres naturezas medievais

Dividimos o tempo en períodos, pero hai épocas ás que lles custa moito marchar, ou nós renunciarnos a elas. Que a Idade Media siga convocando masas de turistas advírtenos de que o seu imaxinario segue a ser unha parte forte de nós mesmos.
San Martiño de Dumio. EP

A capital incómoda

Baixo o vibrante e esplendoroso pasado de Braga subxacen os grandiosos restos dunha cidade que foi capital dun reino esgazado, e que quixo ser herdeira da gloria do mundo clásico
Palmeira

As dúas vilas

A vila de Palmeira (Ribeira) ten un insólito espello en Palmeira, unha vila xemelga na caboverdiana Ilha do Sal. Neste xogo de espellos en dúas beiras do Atlántico a memoria e o mar tecen insólitos vínculos.

As illas de luz

Os avances no software e as redes de intercambio de Internet modelan un novo estilo de historia popular e local, entre a tradicional fascinación pola busca de lugares sagrados e o procesado de datos informáticos
Conde de Gondomar

O manuscrito revelación

Estes textos son coma un látego contra a desafortunada expresión Séculos Escuros, tan ben cultivada nos anos 70 e 80. Pensabamos que podiamos prescindir de dous séculos decisivos da nosa Historia porque non encaixaban.
O nome da rosa

Ah, Europa

Ah, Europa, suspiran tantos intelectuais que en canto escoitan mentar o continente enrugan a fronte e póñense graves, con hipócrita dor entre o peito, mentres falan nun fermoso auditorio contemporáneo. Como deberiamos saber ben en Galicia, construír unha identidade ao redor da resistencia é o mellor camiño para o fracaso.
Ramón Otero Pedrayo

Pantasmas no presente

Pregúntome cantos non estaremos interpretando o mundo do hoxe a través dunha ferida do pasado, cando nalgunha remota ocasión a nosa biografía persoal bateu contra a historia colectiva e ficamos alí a vivir.
Papá Francisco

O complot como coláxeno

O problema que tiñan os malvados talibáns na ficción é que ese odiable inimigo vivía moito peor ca ti. O ruso é un inimigo excelente porque, aínda que non conta bos chistes, veranea en iates na Costa Azul e pode saltar todas as regras e códigos que ti non te atreves a crebar. Só por iso xa merece ser castigado.
Notas

Calar a beleza

Aínda é posible, nalgúns lugares, cruzar desde Galicia a Gallaecia e atisbar un relampo dun mundo que abandonamos de todas as maneiras posibles.
Frankestein

Humana ata para iso

Algunha xente argumenta que a intelixencia artificial parece intelixente, pero que en realidade non o é. Como se non tivésemos que atoparnos a diario con persoas que tamén parecen intelixentes pero non o son, que reciclan contido, imitan os discursos de moda e modulan as súas relacións para a adulación e o beneficio.
Praga

Preguntas no Moldava

Houbo un tempo no que en Galicia se ollou cara a Europa central na procura de algo que ninguén me soubo explicar ben. Agora, se cadra, comezo a entendelo.
Luis Zahera. EP

A queixada

O peor de As Bestas é que gastou esa última bala que os escritores galegos temos para tentar triunfar en Madrid. Agora a ver que facemos.
Mano de Irulegi. EFE

A epifanía de Barandiarán

Un novo libro do xornalista Ander Izagirre fainos pensar no necesario que é explorar a promiscuidade das culturas e das sociedades, sempre empeñadas en sobordar as fronteiras reais ou imaxinarias.
alga de proust

A alga de Proust

Unha xornalista alemá comezou a recopilar os soños dos seus compatriotas durante o Terceiro Reich. Alí decatouse de que toda a propaganda do réxime se esfarelaba pola noite nas cabezas dos cidadáns.

Un faiado nalgures

O cineasta José Gil foi un verso solto, pero reparade que temos tantos versos soltos na historia de Galicia que estamos en condicións de compoñer o poema orixinal, ou mesmo de facer un novo.
Máscara

Humor de última hora

O humor é un destilado da complexidade do mundo. Por iso é tan difícil de fabricar e resulta tan grato atopalo onde non se agarda: ao rirnos sabemos que conseguimos comprender.